Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, naceu o 30
de xaneiro de 1886. Foi criado polos seus avós maternos,
eles tamén tiveros que emigrar debido a II guerra mundial,
emigraron a Pampa, Arxentina. Ali descubriu o valor da
caricatura lendo o seminario Caras y Caretas. Durante os
anos de universidade brota o seu interés pola pitura e en
especial pola caricatura. En 1908 expuso os seus debuxos
en Madrid e comenzou a colaborar coa revista Vida Galega.
As obras máis descatadas son:
Cousas da vida: Hai un camiño maldito que leva a un pobo
morto onde unha lenda conta que roubaron no mosteiro, e
o día seguinte apareceu o ladrón morto pero o botín non
estaba por ningures. A partir daquela a aldea quedou
maldita e todo alí morría.
Os vellos non deven namorarse: É unha farsa na que se
demostra que os vellos non deben de namorarse.xogan o
amor e a morte de 3 vellos imprudentes.
Ollo de vidro: móvese con naturalidade na delgada
liña divisoria entre o humor e a dor, descubrindo un
mundo escuro e ruín que provoca hilaridade sen ser
alleo aos temas habituais da súa obra; a defensa da
linguagalega, a emigración ou a crítica social.
Debuxo:
Critica que teñen un problema pero non fan nada para solucionalo.
Texto:
CAMIÑO ESQUECIDO:
Camiño esquecido que xa non vai a ningures. Un camiño calzado de pedra, inzado de silvas ensarilladas e de ortigas arnaes, que se perde na boca moura dunha congostra.
Eu sempre perguntaba a miña avoa: ¿Onde vai da-la “verea vella”? E miña avoa respondíame con certo mistéreo: “Non vai a ningures, meu meniño”.
Aquela “verea vella” turraba por min e, cando me fixen home, arrisqueime a pasala. E máís alá da medoñenta congostra topeime cunha aldea sen xente.
Casales de boa pedra, lagares que lembran fartura, trabes apodrecidas, moreas de tella; todo vai amortaxado con edras, silvas e loureiros, e por riba daquela vizosa vexetación, as follas amarelas e vermellas dunha viña sen froito.
Debaixo dunha nogueira seca senteime a debullar sentimentos que aínda hoxe están alí en espera…
Cando volvín á casa escoitei de miña avoa a hestoria da aldea esquecida.
— Foi que os do lugar, armados ladróns, roubaron o mosteiro de Armenteira.
» Agardando o intre do reparto da riqueza, o capitán enterrouna en sitio segredo; mais ó seguinte día o capitán apareceu morto no seu leito e nunca máis se soupo do tesouro.
» Dende aquela todas foron desgracias. Morrían as xugadas, merábanse os froitos, morrían entangarañados os rapaces, secábanse as fontes. Para escorrenta-lo mal fado ergueron cruceiros a eito.
» De nada valeu nada. No remate sóupose todo e aínda hoxe o lugar está illado das xentes de ben.
Conta a historia dun camiño que esta maldito, xa que atoparon un ladrón morto, pero nunca atoparon o botixo, enton cada persoa que pasase por ali ia morrer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario