miércoles, 22 de enero de 2014

MI FUTURO PROFESIONAL

El año que viene me gustaría cursar el ciclo de  Panadería, Confitería y Pastelería. Serán unas 2000 horas aproximadamente. Lo que haría es estudiar y aprender recetas de pasteles. 

Si puedo hago el cicle en Santiago, y tendría que encontrar un sitio donde quedar los días de semana y los fin de semana venir a casa.

MACARRÓN DULCE:


REPOSTERÍA:

PANADERÍA:

miércoles, 15 de enero de 2014

LITERATURA GALEGA ATA 1936

AS IRMANDADES DA FALA:

Fundase na Coruña, da man de Antón Vilar Ponte. Pouco tempo despois nacen outras Irmandades en vilas e cidades do País. Abren unha etapa de concienciación galeguista, a dignificación e promoción do idioma. Reclaman autonomía poilítica e modernización socioeconómica para Galicia. o seu voceiro é o xornal A Nosa Terra.


- Promoven o uso oral do idioma no ensino, na xustiza, na prensa, nos actos públicos, etc...
- Crean editoriais como Nós, Lar, Céltiga, Alborada...
- Publican revistas e xornais como Alfar, Nós, Ronsel...
- Impulsan o teatro pola súa importancia normalizadora e social. Consevatorio Nacional de arte Galega (1918).
- Diversifican os xéneros literarios: colección narrativas como Lar, Céltiga... dende 1920 ata 1936.


 O PARTIDO GALEGISTA:

Foi un partido fundado en Decembro  de 1931 de caracter nacionalista galego e con reverancia política  na segunda república Española. o seuy órgano da prensa foi  A Nosa Terra.




O ESTATUTO DA AUTONOMIA:

E a norma institucional básica da Comunidad Autonoma de Galicia. O estatuto de Galicia, reconocelle a esta Comunidade Autonóma a súa condición de nacionalidade histórica.



RAMON CABANILLAS:

Autor decididamente monilingüe, de grande proecxión de plúbica e determinante na superación dos moldes poéticos do Rexurdimento. Publñica os seus dous primeiro libros en Cuba, onde emigrara en 1910, participa de maneira activa no movemento nacionalista: Irmandades, Grupo Nós, Seminario de Estudos Galegos.






¡En pé!


   ¡Irmáns! En pé sereos
a limpa fronte erguida,
   envoltos na brancura
   da luz que cae de riba,
   o corazón aberto
   a toda verba amiga
   e nunha man a fouce
   e noutra man a oliva,
arredor da bandeira azul e branca,
arredor da bandeira de Galicia,
   ¡cantémo-lo dereito
   á libre nova vida!



   Validos de traidores
   a noite de Frouseira
   á patria escravizaron
   uns reises de Castela.
   Comestas polo tempo
   xa afrouxan as cadeas...
   ¡Irmáns asoballados
   de xentes estranxeiras,
ergámo-la bandeira azul e branca!
E ó pé da enseña da nación galega
   cantémo-lo dereito
   á libertá da Terra!



   ¡Irmáns no amor a Suevia
   de lexendaria historia,
   ¡en pé! ¡En pé dispostos
   a non morrer sen loita!
   ¡O día do Medulio
   con sangue quente e roxa
   mercámo-lo dereito
   á libre, honrada chouza!
¡Xa está ó vento a bandeira azul e branca!
¡A oliva nunha man, a fouce noutra,
   berremos alto e forte:
   “A nosa terra é nosa”.

Fala de que Galicia ten dereito a ser libre dos foros para que os campesiños non teñan que pagar ploas súas terras. 


VICENTE RISCO:

Unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega. Procede dunha familia acomodada, cun gran nivel cultural,cuxa aportación a literatura galega conformou as bases do nacionalismo galego e a nova narrativa galega.
Estudou dereito por libre na Universidade de Santiago de Compostela, licenciouse en 1906 e ingresou no corpo de funciomnarios de Facenda, con destino en Ourense.


O PORCO DE PE:

Na postguerra, D. Celidonio ascendeu de porco a marrán e chegou a Alcalde. A parenta inflou coma o fol da gaita.
Agora é presidente da Xuntanza Cidadá e de Outras Sociedades. A parenta botou abrigo de chinchilla e petit-gris. Fixeron casa nova e teñen outro automóvil. Aínda podían ter máis.
Vouvos referi-la vida de D. Celidonio e do seu sogro e principal Baldomero Garcia, aquel que lles berraba ós seus mancebos: "¡¡¡Cando na miña casa entra unha peseta, para que volva a sair, cómpre facer un expediente!!!"
Deste xeito veréde-lo que vai de tempos a tempos.
De camiño tamén vos hei contar algo do seu antitético antagonista o Dr. Alveiros, o libertador da momia de Tutankamen, pois se non pode concebe-la unha sen a outra, xa que ademais de tódalas outras cousas que aquí se han ver, alquimicamente, con respecto ó diñeiro, o Dr. Alveiros é o Solve, e o D. Celidonio é o Coagula.
Non ha vir mal unha definición de entelequias:
Coagula.‑ Teño eu feita a descuberta da lei do diñeiro, que hoxe é a lei fundamental da Economía política. Esta lei é a seguinte:
"O diñeiro atráese un ó outro en razón directa da súa masa, e sen consideración ó cadrado da distancia".
Cando eu expuxen esta lei na mesa do fondo do Café Novelty, ó lado da porta de espelliños biselados por onde un vai ó mexadeiro, díxome Aser das Airas:
‑Esa non é descuberta; iso non é mais cá lei da "acumulación da súper-valía", de Carlos Marx. /.../
Solve.‑ Fose Carlos Marx, fose eu, quen descubriu a lei do diñeiro, o que sei é que dar, dáse. Ora tamén, cando ó diñeiro lle pega a forza centrífuga ‑como lle acontece cando eu xunto unhas cadelas‑ daquela non hai quen o corte: devala e escoa coma a auga...
Don Celidonio é gordo e artrítico. O carrolo sáelle para fóra;.na calva ten unha que outra serda; ten as fazulas hipertrofiadas, da cor do magro do xamón, e tan lustrosas, que semella que botan unto derretido; as nádegas e o bandullo vánselle un pouco para baixo.
O lardo rezúmalle por todo o corpo, e no vran súdao en regueiros aceitosos e en pingotas bastas, coma as que deitan os chourizos cando están no fumeiro.
Así como é graxento o corpo, tamén o miolo de D. Celidonio. Se lle escachasen a testa, que tiña que ser con pau‑ferro e picaraña, en lugar dunha sesada había atopar un unto. Corpo e alma, tanto ten, todo é graxa e manteiga. Don Celidonio é igual por dentro ca por fóra: carne e espirito son a mesma zorza, mixturada e revolta, co mesmo adubo de ourego e pemento.
Pois, don Celidonio veu de Castela, de mancebo do Baldomero García, onde botou moitos anos curtindo os sabañóns, enzoufado no aceite e no bacallau. /.../
Cando chegou D. Celidonio, o seu principal non levaba garabata.
Daquela, D. Celidonio era un rapaz moi novo, gordo e case bonito. Se non cheirase a queixo fresco e a aceite, e aínda por tempos a gas, aínda, aínda... A filla de Baldomero estaba afeita ó cheiro.
Era máis vella ca D. Celidonio, máis ancha ca alta e non tiña pescozo. Non era tan enrabechada nin tan rabela coma a nai. Cortaba tan ben o xabrón, cun aramio delgadiño, que máis ben daba de menos ca de máis. /.../
Un día Dona Emerenciana enrabechouse de tal forma porque lle faltaron tres cadelas, que se puxo negra coma un condanado, e morreu de xenio, botando lume polos ollos. /.../
E D. Celidonio, que se lle fora o medo cerval que lle puña Dona Emerenciana, casou coa filla e o pai interesouno no negocio.
Eu non quero de ningunha maneira imaxina‑lo que sería a noite de bodas, anque dende logo había ser cousa digna de ser referida. Debeu ser un idilio, o de D. Celidonio con aquela rebola, enzoufado, farturento e espeso, que se podería cortar con coitelo coma o touciño, e pesar pola libra galega.
Eu quixera cantar estes amores crasos e lardeiros, aquela mistura farta de dúas almas que se derrete unha na outra como se derrete na tixola a graxa dos roxóns.
Plácidos amores amansados, de tépeda quentura, que abala a alma durmiñenta, que se sente por eles lubrificada, e sente un pracer dondo e lene, coma cando lle untan a un o nariz con sebo para curar un constipado, ou a barriga cunha untura de aceite de ruda, para sandar unha dor de ventre, cunhas fregas suaves, a gusto e a modiño...
Así como Dona Emerenciana morreu do mal xenio, Baldomero García do Comercio desta praza, morreu tamén como vivira: morreu restriñido*.
Toda a vida fora un raña, que non pensou máis ca en apretar e apretar e apretar: apreta‑la bolsa, apreta‑la gorxa, apreta‑la barriga, a final, apretóulle a tripa e xa non andou máis. Morreu aforrando.


Don Celidonio é o alcalde que so busca o poder e o mandato que mellor lle conveña.


OTERO PEDRAYO:

Patriarca das letras galegas,  pertencente a "Nós", é un dos escritores máis importantes de Galicia. El traballou distintos xéneros: ensaios, novelas, poesía ... Novos estudos científicos xeográficas da súa cátedral na Universidade de Santiago de Compostela. 
A Guía de Galicia, que el dirixiu, son algunhas das súas mellores achegas. Militante do Partido Galeguista, foi deputado no Parlamento de Galicia



Sentáronse e comezou a xogueta -o xogo das cartas- Ata aquí non houbo ningunha acción, todo foi presentación dos personaxes. O grande velón botaba unha luz pálida de lámpada de estudo sobre o fato de cabezas atentas ó correr das cartas. A señora fixaba na mesa o seu ollar abobado. O morgado non xogaba. Triste e baleiro de pensamentos, paseaba pola grande sala e a cada volta perdíase na escuridade facendo renxer as vellas táboas do piso. -Tamén é agora cando se fai a descrición do ambiente da tertulia e partida de cartas na que non participan os donos da casa, é como se xa estiveran no outro mundo, ausentes da realidade

Describe como xogaban as cartas antigamente.